lunes, 30 de septiembre de 2013

Seguinte tâche

Hoxe comezamos coa explicación da seguinte tâche, a 2.

Para ela teremos que escoller dous obxectivos do currículo cos seus correspondentes contidos. Todo isto seguindo o nivel de referencia do CECRL e as correspondentes capacidades.

viernes, 27 de septiembre de 2013

Tâche 1. Connâitre sa classe

Ma classe

A clase que imaxino pertence ó segundo ciclo de Educación Infantil, polo que a idade media dos alumnos e alumnas é de 4 anos. O C.E.I.P. de Silleda pertence a un pobo situado na provincia de Pontevedra, a el asisten nenos e nenas de todo o concello (núcleo urbán e parroquias).
En total a clase conta con 23 alumnos e alumnas, pertencentes a familias biparentais e cun nivel socio-económico medio agás 3 deles que posúen unha familia monoparental.

Critères à évaluer

1. Répertoire lingüistique de base: É importante coñecer que lingua ou linguas adoitan utilizar na casa e no seu círculo máis cercano. Tamén se teñen certo coñecemento dalgunha lingua estranxeira.
2. Niveau socio-èconomique des familles: Tendo constancia deste criterio, coñeceremos mellor a situación de cada neno/a.
3. Étudiants à besoins spéciaux: É necesario ter coñecemento deste apartado no caso de que precisemos adaptar o currículo a calquera dos nosos alumnos/as.
4. Autonomie: Coñecendo este, saberemos se ós nenos e nenas lles é máis ou menos doado desenvolverse sós e saberemos como orientar as actividades.

Sources

Nos primeiros días de clase programarase unha reunión cos pais e nais ós cales serán avisados por correo ou mediante unha chamada telefónica. Na mesma entregaremos unhas enquisas das cales obteremos a información precisa para o criterio 1.
En canto ó criterio 3 falaremos co departamento de orientación.
E por último obteremos a información dos criterios 2 e 4 nunha reunión individual con cada familia.

Réflexions

Comment t'es-tu organisée pour réalise cette tâche?
A partir das explicacións e do material de apoio dado polo profesor.

As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
As maiores dificultades foron nos criterios que debiamos escoller. Tamén se me fixo algo difícil comezar a traballar co blog, pero estas foron menores gracias ás distintas axudas proporcionadas.

Qu'est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu'est-ce que tu as appris d'autre?
Aprendín a traballar dunha maneira máis práctica e sobre todo dinámica.

Quel est ton avis général sur la tâche?
Na miña opinión é unha tarefa moi completa que nos ensina a importancia da avaliación inicial.

miércoles, 25 de septiembre de 2013

Variables dans la situation d'enseignement d'une L.E.

Nas dúas últimas clases tratamos:

- Caractéristiques de l'apprenant.
  Onde se mostra que a idade é un factor moi importante á hora de adquirir unha nova lingua, as diferentes etapas de adquisición da mesma e os tipos de linguas clasificadas segundo a súa estrutura.

- Caractéristiques de l'établissement.
  Onde se mostran os tipos de centros escolares que existen e as diferentes ensinanzas e relacións entre profesorado e alumnado que se poden dar.

- Objectifs

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Biographie

Crieime nunha casa onde se fala o castelán, a pesar de que esa non sexa a lingua inicial dun dos meus proxenitores, posto que meu pai sempre falou galego.

Durante a miña época escolar, sempre falei en castelán, incluso nas propias clases da materia de Lingua Galega, posto que ó non estar afeita e non ter soltura no idioma, dábame vergonza empregala.
Non foi ata a ESO cando, coa axuda das miñas amizades (galegofalantes) que me animaban, fun perdendo a vergonza e comecei a empregalo, pero só para o ámbito escolar e as materias impartidas neste idioma.

Pouco a pouco acostumeime a empregalo non só cos profesores senón tamén co resto da xente que me falaba en galego, incluídas as amizades de toda a vida, coas cales, por costume, se me fixo máis difícil realizar o cambio.

En canto ás linguas extranxeiras, desde 3º de primaria tiven a asignatura de Inglés, e tan só tres cursos coa asignatura de Francés durante a ESO.

martes, 10 de septiembre de 2013

Apprentissage des langues

Nesta clase vimos que existen varios tipos de linguas en función do contexto.
Dentro do contexte d'adquisition:
- Langue initiale
- Langue seconde
- Langue étrangère

E dentro do contexte d'utilisation:
- Langue habituelle
- Langue de travail
- Langue véhiculaire

Por outro lado, vimos tamén que hai varios tipos de didáctica en función da lingua:
- FLM: didactique de la langue initiale
- FLS: didactique de la langue seconde
- FLE: didactique de la langue étrangère
- EMILE: enseigment d'une matière intégrée à une langue étrangère
- Français précore: apprentissage précore des langues étrangères
- FOS: apprentissage d'une langue étrangère surdes fins spécifiques

lunes, 9 de septiembre de 2013

Primeiros pasos

No día de hoxe tivemos a explicación de como serán os traballos de clase: a creación deste blog, a explicación da primeira tâche, da cal se nos dará máis información tamén na páxina "Didactique du Fle", etc.

Para esta primeira actividade teremos que crear unha clase de Educación Infantil, e ir publicando as diferentes tâches no noso blog.
Das correccións encargaranse algunhas das nosas compañeiras de clase.