miércoles, 18 de septiembre de 2013

Biographie

Crieime nunha casa onde se fala o castelán, a pesar de que esa non sexa a lingua inicial dun dos meus proxenitores, posto que meu pai sempre falou galego.

Durante a miña época escolar, sempre falei en castelán, incluso nas propias clases da materia de Lingua Galega, posto que ó non estar afeita e non ter soltura no idioma, dábame vergonza empregala.
Non foi ata a ESO cando, coa axuda das miñas amizades (galegofalantes) que me animaban, fun perdendo a vergonza e comecei a empregalo, pero só para o ámbito escolar e as materias impartidas neste idioma.

Pouco a pouco acostumeime a empregalo non só cos profesores senón tamén co resto da xente que me falaba en galego, incluídas as amizades de toda a vida, coas cales, por costume, se me fixo máis difícil realizar o cambio.

En canto ás linguas extranxeiras, desde 3º de primaria tiven a asignatura de Inglés, e tan só tres cursos coa asignatura de Francés durante a ESO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario