viernes, 13 de diciembre de 2013

Tâche 5. Évaluer

Tâche 1.
Tâche 2.
Tâche 4.

O tipo de avaliación a aplicar será individual e realizarase mediante observación directa. Para elo, iremos tomando nota no caderno de clase ó longo das actividades.

Os criterios de avaliación a empregar están recollidos no Decreto 330/2009 polo que se establece o Currículo de Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, e estarán referidos á produción oral e escrita en lingua estranxeira.



Le temps: 5 minutos cada unha delas, por alumno. Ó contar cunha clase de 23 alumnos, estas levarán un total de aproximadamente 1 hora e 55 minutos cada unha.
Les ressources: notas tomadas durante a realización das distintas actividades e unha folla de avaliación por alumno.
Les sources: Decreto 330/2009 polo que se establece o Currículo de Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Réflexions:

Comment t'es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
Para realizar esta tarefa, procurei seguir os pasos das instrucións dadas e as explicacións impartidas durante as clases guiándome tamén pola rúbrica.

As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
As únicas dificultades que atopei foron á hora de plantexar os criterios máis pertinentes para as follas de observacións.

Qu'est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci´dessus? Qu'est-ce que tu as appris d'autre?
Con esta actividade aprendín a crear un sistema de avaliación propio adaptado ás características das actividades propostas con anterioridade á miña clase.

Quel est ton avis général sur la tâche?
Na miña opinión esta última tarefa é moi útil, pois sérvenos para rematar a programación de aula que podería formar parte dunha UUDD. Unha maneira diferente coa que non estamos acostumados de traballar.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

L'évaluation

O último paso para rematar a nosa unidade didáctica é a avaliación. Para elo deberemos saber os tres tipos que se poden dar en función de quen avalíe:
- Auto-évaluation, realizada polo estudante
- Co-évaluation, os estudantes avalíanse entre eles
- Hétéro-évaluation, realizada polo mestre

Os tipos de avaliación dependendo de cando a queiramos realizar:
- Évaluation initiale, realizada ó inicio da aprendizaxe
- Évaluation formative, realizada durante a aprendizaxe
- Évaluation sommative, realizada ó final da aprendizaxe

Existen outros tipos de avaliación ademais destes como: coñecementos e capacidades, directa ou indirecta, obxectiva e subxectiva, holística e analítica, e impresións.

En función dos obxectivos e das estratexias que queiramos acadar, deberemos ter en conta unha serie de criterios diferenciados, sen esquecer se estamos a avaliar a parte de expresión escrita ou expresión oral.

E por último, en canto a ferramentas de avaliación, vimos os diferentes tipos e as súas características: lista de control, grilla de avaliación, folla de observación, etc.

lunes, 2 de diciembre de 2013

Última tâche

Hoxe coñecimos cal sería a tâche 5.
Nela deberemos realizar unha avaliación da tâche anterior, a 4, polo que teremos que escoller un estilo de avaliación para a nosa clase, no que á produción oral e escrita se refire.