miércoles, 11 de diciembre de 2013

L'évaluation

O último paso para rematar a nosa unidade didáctica é a avaliación. Para elo deberemos saber os tres tipos que se poden dar en función de quen avalíe:
- Auto-évaluation, realizada polo estudante
- Co-évaluation, os estudantes avalíanse entre eles
- Hétéro-évaluation, realizada polo mestre

Os tipos de avaliación dependendo de cando a queiramos realizar:
- Évaluation initiale, realizada ó inicio da aprendizaxe
- Évaluation formative, realizada durante a aprendizaxe
- Évaluation sommative, realizada ó final da aprendizaxe

Existen outros tipos de avaliación ademais destes como: coñecementos e capacidades, directa ou indirecta, obxectiva e subxectiva, holística e analítica, e impresións.

En función dos obxectivos e das estratexias que queiramos acadar, deberemos ter en conta unha serie de criterios diferenciados, sen esquecer se estamos a avaliar a parte de expresión escrita ou expresión oral.

E por último, en canto a ferramentas de avaliación, vimos os diferentes tipos e as súas características: lista de control, grilla de avaliación, folla de observación, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario