miércoles, 17 de septiembre de 2014

Bienvenus à mon blog!

Salut! Je suis Fátima, j'ai vingt-trois ans et j'habite à Silleda.

J'étudie Education Maternelle dans la faculté de Sciences de l'Education et du Sport á Pontevedra.

Dans cette blog je vais faire mon portfolio de la matiére.

J'espère qu'il vous plaire !

viernes, 13 de diciembre de 2013

Tâche 5. Évaluer

Tâche 1.
Tâche 2.
Tâche 4.

O tipo de avaliación a aplicar será individual e realizarase mediante observación directa. Para elo, iremos tomando nota no caderno de clase ó longo das actividades.

Os criterios de avaliación a empregar están recollidos no Decreto 330/2009 polo que se establece o Currículo de Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, e estarán referidos á produción oral e escrita en lingua estranxeira.



Le temps: 5 minutos cada unha delas, por alumno. Ó contar cunha clase de 23 alumnos, estas levarán un total de aproximadamente 1 hora e 55 minutos cada unha.
Les ressources: notas tomadas durante a realización das distintas actividades e unha folla de avaliación por alumno.
Les sources: Decreto 330/2009 polo que se establece o Currículo de Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Réflexions:

Comment t'es-tu organisée pour réaliser cette tâche?
Para realizar esta tarefa, procurei seguir os pasos das instrucións dadas e as explicacións impartidas durante as clases guiándome tamén pola rúbrica.

As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
As únicas dificultades que atopei foron á hora de plantexar os criterios máis pertinentes para as follas de observacións.

Qu'est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci´dessus? Qu'est-ce que tu as appris d'autre?
Con esta actividade aprendín a crear un sistema de avaliación propio adaptado ás características das actividades propostas con anterioridade á miña clase.

Quel est ton avis général sur la tâche?
Na miña opinión esta última tarefa é moi útil, pois sérvenos para rematar a programación de aula que podería formar parte dunha UUDD. Unha maneira diferente coa que non estamos acostumados de traballar.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

L'évaluation

O último paso para rematar a nosa unidade didáctica é a avaliación. Para elo deberemos saber os tres tipos que se poden dar en función de quen avalíe:
- Auto-évaluation, realizada polo estudante
- Co-évaluation, os estudantes avalíanse entre eles
- Hétéro-évaluation, realizada polo mestre

Os tipos de avaliación dependendo de cando a queiramos realizar:
- Évaluation initiale, realizada ó inicio da aprendizaxe
- Évaluation formative, realizada durante a aprendizaxe
- Évaluation sommative, realizada ó final da aprendizaxe

Existen outros tipos de avaliación ademais destes como: coñecementos e capacidades, directa ou indirecta, obxectiva e subxectiva, holística e analítica, e impresións.

En función dos obxectivos e das estratexias que queiramos acadar, deberemos ter en conta unha serie de criterios diferenciados, sen esquecer se estamos a avaliar a parte de expresión escrita ou expresión oral.

E por último, en canto a ferramentas de avaliación, vimos os diferentes tipos e as súas características: lista de control, grilla de avaliación, folla de observación, etc.

lunes, 2 de diciembre de 2013

Última tâche

Hoxe coñecimos cal sería a tâche 5.
Nela deberemos realizar unha avaliación da tâche anterior, a 4, polo que teremos que escoller un estilo de avaliación para a nosa clase, no que á produción oral e escrita se refire.

jueves, 28 de noviembre de 2013

Tâche 4. Aider à produire

Tâche 2.
Tâche 3.

Activité de production orale:

Para comezar coa primeira actividade e co fin de presentarlles ós nenos e nenas o vocabulario a traballar, proxectaremos un vídeo no que escoitarán a pronuncia do nome de cada edficio e un son característico de cada un deles.

Tâche 4 by FatimaNG on GoAnimate

Ó rematar o vídeo, repetirán un a un os nomes aparecidos nel, logo de que a mestra realizase a súa pronuncia de maneira máis remarcada e clara. A partir desto, mostraránselles unhas plantillas onde aparecerán unha serie de imaxes relacionadas coas do vídeo, co obxectivo de que coñezan a cal delas pertencen e pronuncien, de maneira correcta e xa sen axuda, o seu nome.



Le temps: 25 minutos.
Les ressources: ordenador, proxector, plantillas con imaxes.

Activité de production écrite:

Coa segunda actividade, os nenos e nenas deberán representar varias accións, ordenando as diferentes plantillas con imaxes que se lles proporcionarán a maiores das xa utilizadas na actividade anterior. Deste modo, representarán acontecementos facéndose entender a través da mensaxe transmitida polas plantillas.


Power-point 2 (Tâche 4) from Fátima Nogueira González

Le temps: 25 minutos.
Les ressources: plantillas cas imaxes

O vídeo é unha montaxe propia empregado tamén na Tâche 3, cuxas imaxes proceden de:
http://www.imagui.com/a/dibujos-de-ambulancias-iaKbx7bMy
http://galeria.dibujos.net/vehiculos/camiones/bomberos-en-el-camion-pintado-por-anjelica-8143497.html
http://www.babiboom.com/portal/index.php?page=shop.product_details&category_id=14&flypage=flypage-ask.tpl&product_id=248&vmcchk=1&option=com_virtuemart&Itemid=98
http://www.pintodibujos.com/2011/10/museo-para-colorear.html
http://www.dibujosparapintar.com/manualidades_cuadro_floral.html
http://www.imagui.com/a/dibujos-de-hospitales-T5ep7y4jb
http://aprenderhacer.com/dibujos-de-salas-de-cine
http://www.freebievectors.com/en/illustration/89778/movie-themes-and-elements-vector-icon/

E os sons:
http://www.youtube.com/watch?v=u4haB_lXJfQ
http://www.youtube.com/watch?v=XEKKFP_jG8U
http://www.youtube.com/watch?v=7nrM2CJQk6w

Réflexions:

Comment t'es-tu organisé(e) pour réaliser cette tâche?
Para realizar esta actividade comecei por ler as instruccións proporcionadas, así como a rúbrica, e seguir as explicacións dadas na clase.

As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
Para a realización desta actividade non tiven apenas problemas.

Qu'est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu'est-ce que tu as appris d'autre?
Con esta actividade aprendín a desenrolar actividades de acordo cos obxectivos e contidos escollidos con anterioridade.

Quel est ton avis général sur la tâche?
Ó meu parecer, gracias a esta actividade aprendemos a crear tarefas adecuadas ó correspondente alumnado e ás súas capacidades específicas.

martes, 26 de noviembre de 2013

Curiosidades

Na clase de hoxe vimos distintos programas e aplicacións nos que se mostraban diferentes métodos para aprender novos idiomas.

O que máis nos chamou a atención á maioría da clase foi Chineasy. Xa que combinaba a linguaxe chinesa composta por numerosos e complicados símbolos, con debuxos que se correspondían co seu significado.
Deste xeito preténdese mellorar a memorización destes símbolos a través da asociación cos seus correspondentes debuxos.

Unha maneira moi orixinal de intentar facilitar a aprendizaxe.

lunes, 25 de noviembre de 2013

Production oral, expression écrite

Para saber adaptar estas novas actividades que teremos que diseñar para a nosa aula, vimos as carácterísticas de cada forma de expresión.

No que se refire á production orale, destacamos as seguintes dimensións:
- Production: describir unha experiencia, argumentarte nun debate, etc.
- Interaction: conversa formal ou infirmal, entrevistas, etc.

A progresión nesta produción oral daríase pasando primeiro por un nivel de iniciación realizando xogos de roles, e chegando xa a un nivel máis avanzado, con actividades de tipo expositivo e debates.

Para realizar unha correcta actividade de produción oral, debemos ter en conta os seguintes puntos:
1. Explication de la tâche
2. Préparation
3. Production / Interaction

Sinalamos tamén que a orientación óptima da clase debe ser formando unha "U", permitindo desta maneira unha mellor interacción entre todos os membros do grupo e deixando maior espacio no ecntro da aula para as simulacións que se queiran realizar.

Por último, destacamos os elementos máis importantes da produción oral:
- As ideas e a maneira en que son presentadas
- A linguaxe verbal e a non verbal
- A voz co seu volume e velocidade
- As pausas e silencios


Por outro lado, no referido á expression écrite, as actividades deben atoparse nunha situación de comunicación precisa, polo que debemos definir o destinatario, a función da comunicación e o propio medio desta, e as circunstancias espacio-temporais.

Neste caso, a progresión clasificaríase tamén en dous niveis, sendo o A no que se pedirían producións curtas e relacionadas coa súa vida cotidiana e o nivel B no que se realizarían resumos, relatos, etc.

Para obter unha correcta actividade de expresión escrita, debemos cumprir con:
1. Ler as intrucións da actividade asegurándonos de que os alumnos a comprenderon
2. Explicar a situación da comunicación
3. Redacción
4. Corrección e avaliación