Para saber adaptar estas novas actividades que teremos que diseñar para a nosa aula, vimos as carácterísticas de cada forma de expresión.
No que se refire á production orale, destacamos as seguintes dimensións:
- Production: describir unha experiencia, argumentarte nun debate, etc.
- Interaction: conversa formal ou infirmal, entrevistas, etc.
A progresión nesta produción oral daríase pasando primeiro por un nivel de iniciación realizando xogos de roles, e chegando xa a un nivel máis avanzado, con actividades de tipo expositivo e debates.
Para realizar unha correcta actividade de produción oral, debemos ter en conta os seguintes puntos:
1. Explication de la tâche
2. Préparation
3. Production / Interaction
Sinalamos tamén que a orientación óptima da clase debe ser formando unha "U", permitindo desta maneira unha mellor interacción entre todos os membros do grupo e deixando maior espacio no ecntro da aula para as simulacións que se queiran realizar.
Por último, destacamos os elementos máis importantes da produción oral:
- As ideas e a maneira en que son presentadas
- A linguaxe verbal e a non verbal
- A voz co seu volume e velocidade
- As pausas e silencios
Por outro lado, no referido á expression écrite, as actividades deben atoparse nunha situación de comunicación precisa, polo que debemos definir o destinatario, a función da comunicación e o propio medio desta, e as circunstancias espacio-temporais.
Neste caso, a progresión clasificaríase tamén en dous niveis, sendo o A no que se pedirían producións curtas e relacionadas coa súa vida cotidiana e o nivel B no que se realizarían resumos, relatos, etc.
Para obter unha correcta actividade de expresión escrita, debemos cumprir con:
1. Ler as intrucións da actividade asegurándonos de que os alumnos a comprenderon
2. Explicar a situación da comunicación
3. Redacción
4. Corrección e avaliación
No hay comentarios:
Publicar un comentario