Na clase de hoxe vimos distintos programas e aplicacións nos que se mostraban diferentes métodos para aprender novos idiomas.
O que máis nos chamou a atención á maioría da clase foi Chineasy. Xa que combinaba a linguaxe chinesa composta por numerosos e complicados símbolos, con debuxos que se correspondían co seu significado.
Deste xeito preténdese mellorar a memorización destes símbolos a través da asociación cos seus correspondentes debuxos.
Unha maneira moi orixinal de intentar facilitar a aprendizaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario