Ma classe
A clase que imaxino pertence ó segundo ciclo
de Educación Infantil, polo que a idade media dos alumnos e alumnas é de 4
anos. O C.E.I.P. de Silleda pertence a un pobo situado na provincia de
Pontevedra, a el asisten nenos e nenas de todo o concello (núcleo urbán e
parroquias).
En total a clase conta con 23 alumnos e
alumnas, pertencentes a familias biparentais e cun nivel socio-económico medio
agás 3 deles que posúen unha familia monoparental.
Critères à évaluer
1. Répertoire lingüistique de base: É importante coñecer que lingua ou linguas adoitan utilizar na casa e no seu
círculo máis cercano. Tamén se teñen certo coñecemento dalgunha lingua
estranxeira.
2. Niveau socio-èconomique des
familles: Tendo constancia deste criterio, coñeceremos mellor a
situación de cada neno/a.
3. Étudiants à besoins
spéciaux: É necesario ter coñecemento deste apartado no caso de que
precisemos adaptar o currículo a calquera dos nosos alumnos/as.
4. Autonomie: Coñecendo
este, saberemos se ós nenos e nenas lles é máis ou menos doado desenvolverse
sós e saberemos como orientar as actividades.
Sources
Nos primeiros días de clase programarase unha
reunión cos pais e nais ós cales serán avisados por correo ou mediante unha
chamada telefónica. Na mesma entregaremos unhas enquisas das cales obteremos a
información precisa para o criterio 1.
En canto ó criterio 3 falaremos co
departamento de orientación.
E por último obteremos a información dos
criterios 2 e 4 nunha reunión individual con cada familia.
Comment t'es-tu organisée pour réalise cette tâche?
A partir das explicacións e do material de apoio dado polo profesor.
As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
As maiores dificultades foron nos criterios que debiamos escoller. Tamén se me fixo algo difícil comezar a traballar co blog, pero estas foron menores gracias ás distintas axudas proporcionadas.
Qu'est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu'est-ce que tu as appris d'autre?
Aprendín a traballar dunha maneira máis práctica e sobre todo dinámica.
Quel est ton avis général sur la tâche?
Na miña opinión é unha tarefa moi completa que nos ensina a importancia da avaliación inicial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario