martes, 19 de noviembre de 2013

Rúbrica e nova tâche

Nas dúas últimas clases decatámonos do complicado que é realizar unha correcta rúbrica, xa que todo o grupo participou na súa realización.  Esta serviranos para corrixir a tâche 3.
É preciso que conteña todo o dado na clase e os distintos "niveis" alcanzados ou non polos alumnos e alumnas.

Por outro lado, tamén comezamos coa explicación da nova tâche, onde deberemos plantexar actividades para traballar a production orale e l'expression écrite.

jueves, 14 de noviembre de 2013

Tâche 3. Faire comprendre

Tâche 2. http://fatimanogueiraglez.blogspot.com.es/2013/10/tache-2-comment-sy-prende.html

Activité de compréhension orale:

Nesta primeira actividade preténdese introducir ós nenos e nenas no vocabulario de lugares e servizos do seu entorno a través dunha presentación dalgúns dos edificios máis comúns. Neste caso serán unha estación de bombeiros, un museo, un hospital e unha sala de cine, que irán acompañados de sons relacionados con cada un deles, ademais dun audio que lles axudará a coñecer a súa pronuncia.

Tâche 3 by FatimaNG on GoAnimate

Activité de compréhension écrite:

Coa segunda actividade preténdese que identifiquen os nomes dos edificios (logo de que a profesora llos lera) e os asocien a obxectos relacionados con cada un; en certo modo, serviría tamén de reforzo da primeira actividade realizada. Presentaráselles ós nenos e nenas varios murais cos nomes dos mesmos edificios (Ex.: "HÔPITAL", "MUSÉE", et.), e unhas plantillas con imaxes que deberán relacionar (Ex.: unha ambulancia, un cadro, et.).


Power-point (Tâche 3) from Fátima Nogueira González

Le temps et les ressources:

O tempo de duración é de 20 minutos cada actividade.
En canto ós recursos, precisaremos: ordenador, proxector, papel continuo. rotulador, folios para realizar as plantillas e bluetack.

O vídeo é de montaxe propia, agás as imaxes, que proceden de:
http://www.imagui.com/a/dibujos-de-ambulancias-iaKbx7bMy
http://galeria.dibujos.net/vehiculos/camiones/bomberos-en-el-camion-pintado-por-anjelica-8143497.html
http://www.babiboom.com/portal/index.php?page=shop.product_details&category_id=14&flypage=flypage-ask.tpl&product_id=248&vmcchk=1&option=com_virtuemart&Itemid=98
http://www.pintodibujos.com/2011/10/museo-para-colorear.html
http://www.dibujosparapintar.com/manualidades_cuadro_floral.html
http://www.imagui.com/a/dibujos-de-hospitales-T5ep7y4jb
http://aprenderhacer.com/dibujos-de-salas-de-cine
http://www.freebievectors.com/en/illustration/89778/movie-themes-and-elements-vector-icon/

E os sons:
http://www.youtube.com/watch?v=u4haB_lXJfQ
http://www.youtube.com/watch?v=XEKKFP_jG8U
http://www.youtube.com/watch?v=7nrM2CJQk6w

Réflexions:
Comment t'es-tu organisé(e) pour réaliser cette tâche?
Comecei por ler as instrucións correspondentes á actividade, polas proporcionadas ó longo das clases e pola rúbrica.
As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
A maioría das dificultades atopeimas principalmente ó comezar a utilizar o programa "GoAnimate" xa que nunca antes traballara con el.
Qu'est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu'est-ce que tu as appris d'autre?
Aprendín a desenrolar actividades relacionadas coas características da clase escollida e de acordo cos obxectivos e contidos seleccionados.
Quel est ton avis général sur la tâche?
Na miña opinión, foi unha das actividades máis complicadas ata o de agora, pero moi práctica.


lunes, 11 de noviembre de 2013

Recursos

Na clase de hoxe o profesor facilitounos varios recursos moi prácticos para poder utilizar nas nosas actividades como o GoAnimate e o Powtoon.

martes, 5 de noviembre de 2013

Compréhension orale, compréhension écrite

Coa fin de profundizar máis nestes dous termos, vimos varias características significativas de cada un, que deberán conter as actividades que deseñemos.

Nos dous casos, deberemos procurar ter en conta os coñecementos previos do alumnado, adaptarnos ó seu nivel e procurar manter a súa atención.

En canto á compréhension orale:
- Limitar a velocidade da audición e realizar dúas repeticións
- Realizar pausas, xa que melloran a comprensión
- Non excederse co nivel de dificultade, traballando con termos relacionados cos xa aprendidos, con situacións da vida real, etc.
- Axudarse de soportes visuais, xa que facilitan a comprensión

En canto á compréhension écrite:
- Entregarlle ó alumnado un documento para posteriormente plantexarlle cuestións sobre el
- Delimitar certo tempo para que realicen unha lectura do mesmo
- Que indiquen as principais ideas axudándoos, de ser necesario, con preguntas

Todos estes puntos facilítannos o plantexamento das nosas actividades.

jueves, 31 de octubre de 2013

Méthodologies d'enseignement des langues étrangères

Durante as últimas clases vimos tamén as diferentes metodoloxías empregadas na aprendizaxe dunha lingua e as súas caracterísiticas, dende o século XVI ata o XXI:
- Méthodologie tradicionnelle
- Méthode directe
- Méthodologies MAO-MAV
- Approches communicatives
- Méthodologie actionnelle

Comprobamos que estas van evolucionando e adaptándose ós novos tempos coa finalidade de mellorar e garantir unha boa educación e aprendizaxe, facendo cada vez máis participativo ó alumnado.

lunes, 28 de octubre de 2013

Seguimos coas tâches

Na clase de hoxe tivemos a explicación da tâche 3.
Nela, deberemos realizar actividades para traballar coa nosa clase a comprensión oral e a escrita, sinalando tanto os materiais necesarios como o tempo que precisaremos para cada unha.